Bolsa ensaia · 6ª edición
Se tes entre 21 e 35 anos, creamos esta bolsa para ti. Máis de 250 persoas doamos cartos buscando influír positivamente na túa traxectoria | Prazo aberto ata o 8 de novembro de 2026
Sexta edición
Cada setembro, unha nova edición
31 persoas
Acompañadas ata hoxe
O calendario da bolsa
10 de setembro
Ábrese o prazo para presentar a túa candidatura ás 10:00h.
8 de novembro
Péchase o prazo ás 23:00h (galegas) e empeza a validación das candidaturas.
1-10 de febreiro
Comunícase públicamente a decisión final nun encontro presencial.
comunidade de finalistas
Aquí un conxunto de persoas que admiramos e coñecemos grazas á «Bolsa ensaia». Cada ano, traballamos para crear novas iniciativas coas que apoiar a esta comunidade.
Ademais dos 10.000 € da bolsa, na búsqueda de impactar no maior número de traxectorias, aumentamos a cantidade de iniciativas nesta edición.
1.000 € x 2
Este ano outorgaremos dúas bolsas de 1.000 € cada unha para poder dar un pequeno apoio a dúas finalistas máis coa súa traxectoria.
1.200 € + 600
Unha finalista pasará un mes nun entorno creativo (Anceu coliving) coa estadía completa, acompañamento e 600€ para gastos.
250 € × 2
Patrocinamos encontros entre finalistas onde unha persoa ensia o seu traballo durante dúas horas ás demais co fin de crear colaboracións.
A Bolsa ensaia é para ti se tes entre 21 e 35 anos e estás a facer (ou queres facer) unha traxectoria de calquera disciplina que impacte en Galicia. Non é para ti se buscas patrocinio para un evento maior, se é unha candidatura grupal ou dunha organización, se queres unha bolsa de estudos.
Xa cho dixeron: «iso non é un traballo de verdade», «e de que vas vivir?», «por que non opositas?». Nós queremos apoiar precisamente ao tipo de persoas que busca unha traxectoria diferente.
Unha cantidade íntegra para investir no teu futuro. Unha oportunidade de acelerar o teu proxecto soñado.
Cubres os teus datos no formulario e subes un único PDF. Sen formato obrigatorio, con guía explicada nas bases.
Non é un premio nin un concurso, é un apoio humilde da veciñanza ás traxectorias de persoas que impactan positivamente en Galicia.
Acompañamento con profesionais, reportaxe en «As follas novas» e actividades coa comunidade. Presentarse é, dalgún modo, gañar.
Ademais dos 10.000 €, hai dúas bolsas de 1.000 €, unha residencia creativa dun mes e máis opcións de apoio cada ano.
Unha comunidade de persoas
Seis persoas de ensaia elixidas pola súa experiencia, visión e diversidade. E, como sétimo membro, a comunidade enteira de pingas, que vota entre as candidaturas finalistas.

Lia González

Brais Suárez

Antonio Facal

Laura Boor

Belén Varela

Javier Cebreiros
Un agradecemento a todas as persoas que formaron parte do xurado noutras edicións · Ángel Carracedo · Chis Oliveira · Yago Díaz · Paloma Sanjuan · Fran Cebreiro · Lucía García Rey · Antonio García Allut
das candidaturas pasaron á rolda de entrevistas.
das candidaturas foron finalistas e quedaron dentro da comunidade.
das candidaturas recibiron algún tipo de axuda, consello ou contribución.
queremos chegar a toda a mocidade galega
Somos un movemento autónomo, sen medios de comunicación detrás. Chegamos ata onde ti nos leves. Axúdanos compartindo esta información coas persoas que precisan dela. Nomina, comparte, etiqueta, divulga.
Copiado. Xa a podes pegar onde queiras.
Dúbidas frecuentes
Se despois de ler as bases che queda algunha dúbida, escríbenos a [email protected]
Si. O que miramos é o impacto do teu traballo en Galicia, non onde figure o teu enderezo. Podes presentarte independentemente da túa nacionalidade ou residencia sempre que queiras facer unha traxectoria en Galicia.
Non. Houbo finalistas de deporte, empresa, cultura, medicina, bioloxía, gastronomía ou olería entre máis de 20 ámbitos ou sectores.
Ler as bases. É o que máis diferenza unha candidatura ben feita dunha que se queda fóra. Buscamos autenticidade e nas bases explicamos as preguntas guía e os criterios.
O importante é que queiras facer traxectoria no sector que desexas, independentemente da túa situación ou momento actual. Esta bolsa é un apoio para facer dese futuro unha realidade.
Si, de feito, unha das persoas receptoras, Hadrián Jamardo levou a bolsa no terceiro intento. Non é o único caso. O importante é o teu percorrido e mellora ao longo dos anos. Buscamos apoiar traxectorias.
Si. O teu traballo é teu; nós só pedimos poder contalo con fins divulgativos. Queremos apoaiarte, non apropiarnos do teu traballo.
Ler as bases é crítico para entendelo. O proxecto é o corazón da candidatura. Algo concreto que queiras facer e que impulse a túa traxectoria, deixando pegada en Galicia. Non pedimos un plan de empresa nin un formato pechado, pero si que sexa realista e que nos expliques como investirías os cartos. Pode ser unha obra, unha investigación, un oficio ou unha idea. Pode impactar nunha cidade ou nunha vila pequena. Pensa algo estratéxico para o teu futuro para aproveitar esta oportunidade.
Que sexas pinga e axudes a soster isto coa túa contribución parécenos marabilloso, pero non che quita o dereito a optar á bolsa: podes presentarte igual que calquera. Tampouco supón ningún trato de favor — as candidaturas avalíanse coas mesmas regras para todo o mundo.
Non somos un organismo público nin unha administración: somos unha comunidade de persoas que, sen subvencións nin logotipos, para ter total liberdade nas nosas decisións, doa cartos desinteresadamente. Buscamos apoiar de verdade á xente nova para que poida facer a súa traxectoria aquí, en Galicia. Traballamos cunha visión de longo prazo.
Non atopamos ningunha dúbida con esa palabra.
Persoas que, anónima e desinteresadamente, doan cada ano movidas polo desexo de impactar positivamente na seguinte xeración, creando unha cultura de xenerosidade. Contigo, podemos seguir facendo máis.