Unha escola para finalistas
Crear espazos de conversa online con referentes. Xuntar ás finalistas para aprender e cocrear co obxectivo de favorecer traxectorias sostibles e de impacto.
Organizacións
Máis de 200 persoas crearon a bolsa con pequenas doazóns, imaxina o que poden facer 20 empresas que pensen coma elas.
Buscamos ás organizacións que queren que o talento novo poida facer a súa traxectoria en Galicia.
Queremos chegar máis lonxe contigo
Somos unha iniciativa que existe grazas ás pequenas doazóns de moitas persoas. Buscamos multiplicar o noso impacto nas finalistas sumando ás organizacións que comparten propósito.
Na procura do común, con transparencia
Traballamos por crear unha cultura de xenerosidade onde se dá sen esperar recibir. Unirnos ao redor do propósito común de impactar positivamente na xuventude da seguinte xeración.
Responsabilidade real no territorio e na túa organización
Cartos que quedan en Galicia e van directamente á xuventude que emprende proxectos de gran impacto social, económico e cultural para a sociedade.
Ser organización pinga é unha aposta e unha declaración de intencións pública pola xuventude, pola cultura, polo talento e polo potencial local.
Imaxina contigo
Contigo, poderemos multiplicar o número de persoas nas que contribuír.
Adrián M. Pereiro2023
LuthierBolsa 6.000 €
Busca investigar a sonoridade das madeiras galegas para favorecer o potencial dos aserradeiros locais e a industria da luthería con madeiras do territorio.
Adra Pallón2024
Fotógrafo documentalBolsa 6.000 €
Retratou a esencia galega do rural e recibiu premios internacionais; agora fotografía a cultura mariñeira. Quere deixar un legado desa xeración que está a desaparecer.
Ana Díez2024
Xestora culturalBolsa 6.000 €
Fundadora de A Seara, busca xerar unha proposta cultural con raíces galegas e levala polo mundo adiante poñendo en valor o talento das artistas do territorio.
Hadrián Jamardo2025
DebuxanteBolsa 10.000 €
A través da linguaxe do debuxo, conecta coa xeración máis nova a fin de xerar unha conciencia de temas sociais críticos para a nosa sociedade.
Nuria Vilán2022
Poeta e recitadoraBolsa 6.000 €
Coa lingua galega como medio, crea obras e poemarios que levan a poesía fóra do papel chegando a novos públicos a través tamén da oralidade.
O que imaxinamos
Mentres as persoas mantemos a «Bolsa ensaia», os recursos das organizacións irán a estes seis eixos de futuro para multiplicar o impacto.
Crear espazos de conversa online con referentes. Xuntar ás finalistas para aprender e cocrear co obxectivo de favorecer traxectorias sostibles e de impacto.
Establecer sinerxias pioneiras con espazos físicos para facilitar charlas, encontros e proxectos da comunidade de finalistas polo territorio.
Levar o proxecto educativo «Mil futuros» ao rural e pór a disposición de toda a mocidade galega as mentoras da nosa comunidade.
Crear máis formatos de bolsas que poidan axudar á comunidade de finalistas existente. Establecer conexións entre empresas e o talento novo.
Facilitar contactos, consellos e oportunidades estratéxicas que favorezan a aparición de novas sinerxias que impacten en Galicia.
Ninguén pode admirar o que non coñece. Buscamos investir cartos en facilitar espazos de visibilidade para as persoas que coñecemos na «Bolsa ensaia».
Canto
Tres cantidades, sen categorías nin niveis. Súmate decidindo segundo o tamaño, volume e posibilidades da túa organización.
Se tes cinco persoas no teu equipo, doas 300€ deducibles e elas son pinga da nosa comunidade. Escríbenos a [email protected] para facelo posible.
A nosa maneira
Traballemos xuntas durante unha xeración.
Contando contigo
Cada ano, favorecemos que coñezas, apoies e converses co talento máis destacado de Galicia.
Sendo transparentes
Cada euro que entra e cada un que sae aparecerá na sección de transparencia, pública e accesible nesta web.
Dando liberdade
Sen contrato, sen exclusividade, sen contrapartidas que cumprir. Doa porque queres e déixao cando queiras.
Confianza
Somos unha iniciativa da sociedade que queremos siga sendo da comunidade. Non recibimos subvencións, traballamos sen logotipos, facemos sen protagonismos.
dOUS exemplos de xenerosidade
CINCO ANOS FACENDO POSIBLE A GALA ENSAIA
Comezou online e, pouco a pouco, levaron a «Gala ensaia» a unha plataforma de visibilidade de máximo nivel con vídeos, directo, fotografías e cesión do espazo. Fundamentais.
Jairo Aldana | Sempre pensei que as organizacións tamén temos unha responsabilidade de apoiar á xuventude. É un orgullo ser parte disto.
Máis de 10.000 € en recursosSégueos en InstagramCINCO ANOS FACENDO POSIBLE A RESIDENCIA ENSAIA
Cada ano, unha das persoas finalistas pasa un mes en Anceu Coliving onde ademais de recibir asesoramento, traballa no seu proxecto. Por ela pasaron persoas como Yas Deluaces ou Antía Ameixeiras.
Agustín Jamardo | Temos a sorte de pasar tempo con persoas destacadas e aprender delas. Ser pinga tamén é contribuír cos nosos recursos.
Máis de 5.000€ en recursosSégueos en InstagramSúmate para que aquí apareza o teu nome
Se lendo isto pensaches que se parece ao que a túa organización promove ou busca, falemos.