Podcast

As follas novas

Galicia conta cunha nova xeración de referentes. Descubre, cada mes, a algunhas das persoas máis fascinantes que coñecemos grazas á «Bolsa ensaia».

Episodios

Cargando episodios…

Escoitar como forma de apoio

Visibilizar referencias locais é das ferramentas máis poderosas contra a fuga de talento. Deixar cinco estrelas é gratis e fai que máis xente as descubra.

Valorar en Spotify

Quen o fai

Unha iniciativa de ensaia: unha comunidade de persoas —as pingas— que cada ano doa cartos para crear cousas como este podcast ou a «Bolsa ensaia».

Conversas

Cintia Salido

Comunicadora. Prepara cada entrevista a fondo e despois esquécese do guión: por iso as conversas soan a conversa e non a cuestionario. Sabe cando calar, que é o difícil.

Retratos

Ricardo Lede

Fotógrafo. Retrata a cada persoa no seu sitio —o taller, o estudio, a casa— e non nun fondo neutro. As fotos que ves nesta páxina son súas, e contan tanto coma o audio.

Banda sonora

Antía Ameixeiras

Violinista e cantante. Compuxo a música do podcast en exclusiva para el, e ademais pasou polo outro lado do micrófono: é a protagonista do episodio 6.