O ano en cifras
Non todo chega á bolsa, e dicimos por que. Manter isto en pé —a web, o banco, o seguro, a asesoría— tamén custa cartos, e preferimos ensinar o número antes de que nolo pregunten.
O ano, en imaxes
Porque as contas soas non contan o ano. Isto é o que fixemos cos cartos.
As contas
De onde vén e en que se vai
As mesmas cifras que presentamos no Rexistro de Asociacións, sen maquillar. O detalle completo está na memoria económica.
Ingresos
Gastos
Quen manda, quen cobra e quen decide
As persoas de detrás
Quen goberna a asociación, canto cobra por facelo, e quen decide as bolsas. Incluído quen tivo que apartarse por coñecer a alguén.
A asociación
O xurado das bolsas
O que dixemos que iamos facer
Cumprido, a medias, ou non
Catro obxectivos por ano, non máis. Se hai máis, non son obxectivos. Sen retocar a posteriori.
A parte incómoda
Os nosos erros e as nosas aprendizaxes
Dous e dous, cada ano. Preferimos contalos nós, e non se borran: os dos anos anteriores seguen aquí.
Erros
Aprendizaxes
Documentos
Descárgao todo
O que a lei nos obriga a presentar cada ano, publicado aquí o mesmo día que o entregamos no Rexistro.
Doantes 2024
Grazas, pingas
Aquí os nomes das persoas que fixeron posible ensaia ao longo deste ano.
A letra pequena, en grande
A que nos obriga ser de utilidade pública
Ser unha asociación de utilidade pública dá vantaxes fiscais —por iso podes desgravar a túa pinga— e a cambio esixe render contas: cada ano hai que presentar no Rexistro de Asociacións, nos seis meses seguintes ao peche do exercicio e aprobado en asemblea, as contas anuais e unha memoria descritiva das actividades. Non facelo en prazo abre o procedemento para retirarnos a declaración.
E agora?
Se falta algo aquí, pídenolo
Temos unha sección de dúbidas frecuentes na nosa web. Aínda así, se tes calquera cuestión ou precisas máis información, contacta connosco.